InicioSociedadeAberta unha exposición sobre o "traballo incansable" que permitiu a aparición das...

Aberta unha exposición sobre o “traballo incansable” que permitiu a aparición das conserveiras

A colección mostra á pesca como un "factor económico" dentro da comunidade, así como o modo no que se desenvolvía o traballo nas fábricas ligadas a este sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, inaugurou unha exposición que acolle a sede da entidade en Vigo e que, segundo explicou, percorre o “traballo incansable” que permitiu o levantamento das conserveiras galegas.

Durante o acto de inauguración, celebrado este venres, indicou que a colección mostra a pesca como un “factor económico” dentro da comunidade, así como o modo no que se desenvolvía o traballo nas fábricas ligadas a este sector.

Tamén detallou que a mostra se configurou mediante as doazóns de pezas e fotografías por parte de Tomás Massó, descendente do fundador da conserveira Massó. Así, Juan Vieites recoñeceu o traballo desta empresa, á que definiu como un “exemplo” de “compromiso” coa industria galega e resaltou a súa importancia a nivel internacional. Na mesma liña, o presidente da patronal conserveira, Juan Manuel Cerqueira, destacou a “dedicación” da familia Massó ao sector e lembrou como a súa “historia” estivo ligada ao mesmo.

CREACIÓN DA INDUSTRIA

Así mesmo, Tomás Massó lembrou o “esforzo” e a “aventura” dos “pioneiros” procedentes de lugares como Cataluña e Italia que se trasladaron a Galicia, onde “foron capaces de crear unha industria que non había”.

Deste xeito, puxo en valor a “evolución” da empresa da súa familia desde a creación dunhas fábricas de salgadura no século XIX en Bueu ata a aposta pola industria conserveira.

O concelleiro de Facenda no Concello de Vigo, Jaime Aneiros, remarcou tamén o feito de que Anfaco apostase por acoller unha exposición que une a “tradición”, a “cultura” e a “modernidade” da cidade.

Así mesmo, a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, asegurou que este sector é un “exemplo de internacionalización”, pero tamén de “innovación” e “mellora” da calidade do produto.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...