InicioSociedadeProsegue a busca dunha menor de 17 anos desaparecida en Vigo o...

Prosegue a busca dunha menor de 17 anos desaparecida en Vigo o pasado xoves

Localizan ao vigués de 36 anos desaparecido o venres, que se foi da súa casa voluntariamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As forzas policiais manteñen a procura dunha menor, de 17 anos de idade, que está desaparecida desde o pasado xoves, cando saíu da súa casa para ir á academia na que estuda e non volveu.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, a nena vive nun piso tutelado pola Xunta e os seus achegados cren que puido dirixirse a Nigrán. A familia pediu axuda para localizala porque necesita medicación, xa que está en tratamento psiquiátrico e padece unha discapacidade.

Do mesmo xeito, mantense a procura do vigués Ramón L.S., que falta da súa casa desde o pasado 29 de maio, e que tamén necesita tratamento médico por un problema psiquiátrico. Este veciño de Teis ten 56 anos de idade, é de complexión delgada, calvo e vestía pantalón vaqueiro e camisa de cadros cando desapareceu.

LOCALIZADO

Por outra banda, o vigués de 36 anos de idade desaparecido desde o pasado venres foi localizado en Tomiño e, segundo precisaron fontes policiais, a súa desaparición foi voluntaria.

Os achegados de Jesús Manuel M.P., ‘Suso’, deran a voz de alarma pola súa desaparición, e informaran de que foi visto por última vez o pasado venres ao mediodía.

Fontes policiais confirmaron que este vigués foi localizado este luns en Tomiño e que marchara da súa casa voluntariamente por desavinzas familiares.

ÚLTIMAS

Vigo, plató a ceo aberto os 365 días do ano: cando a cidade enteira se converte en ficción

Vigo xa non só se visita. Vigo róldase. Cada inverno, cando millóns de luces...

Alternativas na Xustiza denuncia que hai máis 20.000 resolucións sen executar en Vigo

O sindicato Alternativas na Xustiza denunciou este xoves que a entrada en funcionamento do...

Reactivado o transporte de ría en Vigo tras a suspensión das últimas horas polo mal tempo

As navieras que operan as conexións de transporte de ría en Vigo renovaron este...

Golpe ao emprego na automoción; GKN Driveline Vigo planea un ERE para o 10% do seu persoal

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo comunicou este mércores á representación sindical dos...