InicioSociedadeO Concello de Vigo denega a licenza de obra para unha casa...

O Concello de Vigo denega a licenza de obra para unha casa de apostas na Florida “por razóns técnicas”

A finais de maio, o grupo municipal Marea de Vigo fíxose eco as denuncias dos veciños, e criticou a "inacción" do goberno municipal ante as "obras ilegais" que se estaban acometendo nese local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo denegou a licenza para acondicionar un local solicitado para a instalación dun salón de xogos e casa de apostas na Avenida da Florida, segundo informou este martes en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Caballero precisou que dita negativa baséase en “razóns técnicas”, xa que a reforma do local non reunía os requisitos técnicos para levar a cabo. Sobre o uso do devandito local, explicou, “foi a Xunta a que dixo que si se podía facer alí un local de apostas”.

A finais de maio, o grupo municipal Marea de Vigo fíxose eco as denuncias dos veciños, e criticou a “inacción” do goberno municipal ante as “obras ilegais” que se estaban acometendo nese local.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...