InicioPolíticaO goberno de Vigo terá catro tenencias de Alcaldía e prescinde de...

O goberno de Vigo terá catro tenencias de Alcaldía e prescinde de tres edís, que serán deputados provinciais

Marea e BNG estarán nun grupo mixto e López Font será portavoz socialista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo, formado por 20 dos 27 edís da Corporación, terá catro tenencias de Alcaldía, segundo confirmou en rolda de prensa este luns o rexedor olívico, Abel Caballero, e prescindirá de tres concelleiros, que estarán no grupo do seis propostos como deputados provinciais (entre eles, Carmela Silva, que optará a repetir como presidenta da Deputación de Pontevedra).

O alcalde explicou que o núcleo duro do goberno local estará formado polos nove concelleiros que, xunto a el mesmo, formarán a Xunta de Goberno, e que son Carmela Silva, Javier Pardo, a exministra Elena Espinosa, a exconselleira María José Caride, Carlos López Font, Abel Losada, Jaime Aneiros, Patricia Rodríguez e Yolanda Aguiar.

No que respecta a áreas de goberno, Carmela Silva, ademais de tenente de Alcalde, será concelleiro de Patrimonio Histórico; Javier Pardo, tamén ostentará unha tenencia e será o responsable de Fomento (vías e obras) e Servizos; a terceira tenencia será para Elena Espinosa, que tamén será edila de Seguridade e de Economía; e María José Caride ostentará unha cuarta tenencia de Alcaldía e repetirá como concelleira de Urbanismo.

Por outra banda, Abel Losada terá delegadas as áreas de Cultura, Emprego e Participación Cidadá; Ana María Mejías será concelleira de I+D, e de Dinamización Administrativa; Jaime Aneiros repetirá como concelleiro de Facenda; Yolanda Aguiar será a responsable de Políticas Sociais e da candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade; e Manel Fernández volverá ser edil de Deportes.

Patricia Rodríguez encargarase de Contratación e Patrimonio; Anxo Rivas será concelleiro de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais (Nadal, Reconquista,…); Nuria Rodríguez dirixirá o departamento de Medio Ambiente; Gorka Gómez será edil de Educación e Mocidade; Uxía Branco volverá encargarse de Igualdade e Normalización Lingüística; e María Lago será concelleiro de Festas e Turismo.

O alcalde confirmou, así mesmo, que Carlos López Font non terá ningunha responsabilidade concreta de goberno, e dedicarase “en exclusiva” a coordinar o grupo socialista e a exercer como portavoz.

DEPUTADOS PROVINCIAIS

Dos 20 concelleiros do grupo socialista, proporase a seis para ser deputados provinciais, entre eles, Carmela Silva, que se postulará para volver presidir a Deputación de Pontevedra.

Acompañarán a Silva na institución provincial Carlos López Font e Gorka Gómez, ademais doutro tres edís que, neste mandato, non terá ningunha responsabilidade municipal: Isaura Abelairas (ata agora concelleira de Benestar Social); Santos Héctor Rodríguez (que, no anterior mandato, foi edil de Emprego, Economía e Voluntariado); e Ana Laura Igrexas (exconcejala de Festas e Turismo).

Abel Caballero destacou a posta en marcha de novos departamentos, como o de Economía que dirixirá Elena Espinosa, centrado nas relacións do Concello coas empresas; ou o de dinamización administrativa que ostentará Ana María Mejías.

Así mesmo, confirmou que en pouco tempo configurouse a organización dos grupos municipais, os espazos e persoal de que disporá cada un, e confirmou que Marea e BNG estarán nun grupo mixto, tal e como recolle o regulamento do Pleno (que establece un mínimo de tres edís para ter grupo), que “hai que cumprir”.

En todo caso, o alcalde avanzou que o funcionamento político do Concello farase con “exactamente” o mesmo número de asesores e auxiliares que no mandato anterior, distribuídos “de acordo á proporcionalidade dos votos”, e que esta organización non custará “nin un céntimo máis aos cidadáns”, senón que se tentará “aforrar” gasto.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...