InicioEconomíaVigo estrea conexión 5G

Vigo estrea conexión 5G

Vodafone lanza este sábado a primeira rede comercial de 5G que se pon en marcha en 15 cidades de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vodafone lanza este sábado, 15 de xuño, a primeira rede comercial de 5G que se pon en marcha en España, que estará a disposición dos clientes da operadora en 15 cidades, onde alcanzará unha cobertura de aproximadamente o 50%.

Entres as primeiras cidades conectadas por 5G atópanse Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Bilbao e Valencia, onde a compañía xa anunciou en xullo de 2018 o despregamento precomercial, ás que se suman Zaragoza, Vitoria, San Sebastián, A Coruña, Vigo, Xixón, Pamplona, Logroño e Santander.

O despregamento realizouse sobre a frecuencia de 3,7 Ghz, onde a operadora se adxudicou 90 Mhz na poxa de espectro realizada o pasado mes de xuño. A velocidade da rede é de ata 1 Gbps en descarga de datos e a finais de ano poderanse alcanzar ata 2 Gbps, multiplicando por dez as velocidades.

O servizo de 5G estará incluído nos novos plans de contratos. En concreto, os clientes con tarifas Vodafone Ilimitada Total e Vodafone One Ilimitada Total poderán gozar da nova tecnoloxía móbil mantendo o mesmo prezo actual.

“Este venres España pasa a ser un dos países pioneiros do 5G en Europa da man de Vodafone”, afirmou o presidente e conselleiro delegado da compañía en España, Antonio Coimbra.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...