InicioCulturaEspectáculos de maxia para os nenos e nenas da Guarda na semana...

Espectáculos de maxia para os nenos e nenas da Guarda na semana das Letras Galegas

A escritora María Victoria Moreno serviu de fío condutor do show, dirixido polo ilusionista Martín Camiña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Preto de medio millar de cativas e cativos dos centros escolares guardeses gozaron este luns do espectáculo de maxia «Ilusións por e para María Victoria Moreno» da man do ilusionista Martín Camiña.

A actividade, inicialmente programada para ser celebrada no Auditorio de San Bieito, desenvolveuse finalmente na Casa dos Alonso. Alí, os e as escolares repartíronse en dúas quendas para gozar do espectáculo, no que a obra e figura da escritora María Victoria Moreno serviron de fío condutor.

Así, o show mesturou maxia e literatura de xeito ameno e divertido, buscando a participación dos pequenos e pequenas. Asistiu o alumando de diferentes cursos de primaria e infantil dos centros educativos A Sangriña, As Solanas, Manuel Rodríguez Sinde, Padres Somascos, San José-HH Carmelitas e da Escola de Educación Infantil da Gándara, así como alumnado do CEE San Xerome Emiliani.

O espectáculo «Ilusións por e para María Victoria Moreno» forma parte da programación cultural organizada pola Consellería de Educación e Cultura do Concello da Guarda co gaio do Día das Letras Galega, que se conmemora o 17 de maio.

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...