InicioSociedadeA Comisión Europea estudará a simplificación do traslado de menores entre Portugal...

A Comisión Europea estudará a simplificación do traslado de menores entre Portugal e Tomiño para fins educativos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O programa B-solutions, promovido pola Comisión Europea e xestionado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), estudará a simplificación da mobilidade de menores de idade entre Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño para realizar intercambios educativos, deportivos e culturais.

A iniciativa foi presentada ao programa que a seleccionou, B-solutions, por parte a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Rexional do Norte (CCDR- N)..

Así, B-solutions, que financia a Unión Europea (UE), proporcionará asesoramento por parte de expertos legais aos beneficiarios. Tras unha análise, elaborarase un informe no que se detallarán os obstáculos legais para desenvolver a iniciativa e as disposicións legais que os causan. A maiores, no documento incluiranse a folla de ruta para solucionar o problema exposto e especificaranse as entidades que a levarán a cabo.

A selección do proxecto prodúcese despois de que en febreiro se presentase un informe elaborado polas Valedoras da cidadanía transfronteiriza Cerveira-Tomiño no que se demandaba a simplificación dos trámites necesarios para o desprazamento de menores entre ambos os países.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...