InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs vigueses terán que limpar 34.000 leiras para evitar lumes coma os...

Os vigueses terán que limpar 34.000 leiras para evitar lumes coma os do 2017

O Concello de Vigo fai pública a súa estratexia das franxa de protección. Os afectados poderán presentar alegacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, detallou que saíu a exposición pública o documento da rede secundaria de franxas de xestión da biomasa deste concello que indica as leiras que se deberán limpar para facilitar o control de incendios.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns na cidade olívica, o rexedor concretou que o documento foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e que se poderán formular alegacións ao mesmo durante un período de 20 días.

En concreto, indicou que no municipio inclúense un total de 34.000 leiras, das que unhas 31.000 son rústicas e o resto urbanas, que deberán limpar os seus propietarios.

O alcalde lembrou que se trata dunha “franxa” que exerce como unha “rede de separación” entre o monte e a cidade na que non pode haber vexetación, xa que a súa función é “deter o lume” se se propaga ata esa zona. Ademais, indicou que a franxa central inicial acométea a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...