InicioSociedadeUnha gran marcha entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia

Unha gran marcha entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia

900 persoas están apuntadas para participar na iniciativa que cumpre dez anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A 10ª Marcha solidaria ‘700 camisetas contra a leucemia’, na que se inscribiron 900 persoas, parte este domingo desde Vigo ata Pontevedra “coa intención de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de que se formalicen novos rexistros de doantes de medula ósea non emparentados e unidades de sangue do cordón umbilical”.

A saída, desde o Centro Comercial A Laxe da cidade olívica, será ás 09:00 horas para os camiñantes e ás 10,00 horas para os corredores e os membros do Discamino e Proxecto Rodando, que un ano máis participarán nesta experiencia solidaria. Así, os participantes percorrerán os 36 quilómetros que separan a Vigo da capital da provincia a través do Camiño de Santiago.

“Esta edición ten como obxectivo asentar esta iniciativa na nosa sociedade, dando así valor á acción altruísta e solidaria de moitas persoas que son ou serán doantes e que regalarán vida aos que nos necesiten para recibir un transplante”, subliñou David Gil, o presidente da Asociación Frangil contra a leucemia, promotora desta marcha solidaria.

Como novidades para esta edición, e coa intención de que poidan participar máis persoas, sexa cal for a súa condición física, pódese realizar a marcha completa ou ben facela desde Arcade. Tamén haberá unha “Saída Pelona” a cinco quilómetros de Pontevedra, indicada para familias e nenos oncolóxicos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...