InicioSociedadeO Concello de Vigo ofrece axudar a pagar un novo aluguer á...

O Concello de Vigo ofrece axudar a pagar un novo aluguer á veciña desafiuzada con dúas fillas menores

O desafiuzamento de Isabel, unha veciña de Vigo con dúas fillas menores que leva un ano sen pagar o aluguer da súa vivenda, consumouse este venres e, ante a petición de axuda desta muller e da Federación Veciñal Eduardo Chao, que a está asesorando, o Concello reiterou o seu compromiso de subvencionarlle o aluguer dunha nova vivenda cando a atope.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O desafiuzamento de Isabel, unha veciña de Vigo con dúas fillas menores que leva un ano sen pagar o aluguer da súa vivenda, consumouse este venres e, ante a petición de axuda desta muller e da Federación Veciñal Eduardo Chao, que a está asesorando, o Concello reiterou o seu compromiso de subvencionarlle o aluguer dunha nova vivenda cando a atope.

O desaloxo desta familia estaba previsto para principios de semana, pero a Federación conseguiu que se aumentase o prazo en catro días para facilitar que puidesen recoller as súas cousas e buscar un aloxamento alternativo.

Este venres a media mañá fíxose efectivo o desaloxo, coa entrega de chaves ao representante dos propietarios, e Isabel deixou a vivenda, aínda que non conseguiu atopar un domicilio alternativo que se adapte á súa capacidade económica (é perceptora da RISGA).

Tanto esta veciña como a Federación lamentaron que non haxa pisos en aluguer adecuados para esta familia por menos de 350 ou 400 euros, e fixeron un chamamento ás institucións para que dean unha solución a esta familia. “Non temos onde ir, prestáronnos unha furgoneta porque non temos outro sitio“, lamentou.

OFERTA DO CONCELLO

O goberno municipal de Vigo referiuse a este caso, que di coñecer “desde 2017”, e apuntou que Isabel e as súas fillas están a ser atendidas polos servizos sociais do Concello, e mesmo participaron en distintos programas da Concellaría de Benestar Social.

“Desde hai tempo se lle ofreceu apoio do Concello para o pago do aluguer dunha nova vivenda que a familia atope. Este compromiso do goberno vigués segue vixente e, no momento no que a muller conte cun novo piso onde residir, o Concello cooperará coas cotas de pago”, apuntaron fontes municipais.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...