InicioEconomíaA Cámara demanda ao Goberno medidas para que non haxa trabas á...

A Cámara demanda ao Goberno medidas para que non haxa trabas á importación de pesca en Vigo

O Parlamento galego pediu este mércores, tras unha iniciativa do PPdeG -que contou coa abstención de toda a oposición--, que o Goberno central leve a cabo "medidas efectivas" para que non haxa trabas á importación de pesca conxelada ou procesada no porto de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento galego pediu este mércores, tras unha iniciativa do PPdeG -que contou coa abstención de toda a oposición–, que o Goberno central leve a cabo “medidas efectivas” para que non haxa trabas á importación de pesca conxelada ou procesada no porto de Vigo.

Na súa intervención, a deputada popular Teresa Egerique referiuse á instrución activada pola Subdirección Xeral de Sanidade Exterior que provocou unha “fuga” de mercadorías do porto de Vigo ao portugués de Leixoes ante as “trabas” postas á mercadoría chegada de China no posto de inspección fronteiriza (PIF).

Neste sentido, Egerique censura que o “aumento de burocracia non ten ningún sentido” cando “hai garantías sanitarias”. Ademais, sinala que hai uns días ordenouse a retirada da instrución polo “período electoral”, pero cre que aínda existe “inseguridade xurídica” ante os “aleatorios cambios de escenario”.

En contraposición, o deputado socialista Abel Losada acusou aos populares de “usar como ariete” o porto contra o goberno de Vigo. Tras valorar os “avances producidos nesta cuestión”, defendeu que “a seguridade alimentaria é un elemento central”.

Na súa intervención, Losada aproveitou para lembrar os resultados nas municipais en Vigo.”, dixo en alusión á relación de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado. Sobre Feijóo, tamén lembrou as súas reunións co ex conselleiro delegado de Pemex Emilio Lozoya, que foi detido Palma de Mallorca por “presunta corrupción”. “Mellor formar parte dun equipo que alcanza o 68% dos votos que ser amigo dun narcotraficante

Na súa quenda de peche, Egerique replicou a Losada que “a persoa que utilizou o porto de Vigo e o diñeiro de todos os vigueses foi Abel Caballero”.

Pola súa banda, Luís Bará (BNG) indicou que este conflito está “en vías de solución”, pero cre que é un debate oportuno para pedir o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, ante “a desfeita que está a facer”. Sobre esta cuestión coincidiu Paula Quinteiro (En Marea), quen pediu a súa destitución.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...