InicioPolíticaMos denuncia anos de incumprimentos da Dirección Xeral coa A-55

Mos denuncia anos de incumprimentos da Dirección Xeral coa A-55

Escoitouse na Praza do Concello o grito unánime de veciños, Corporación Municipal e usuarios da autovía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Medio milleiro de persoas encabezadas pola Corporación Municipal mosense en pleno e pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo; acudiron esta tarde a manifestarse á Praza do Concello mosense, en defensa dos intereses de Mos e dos condutores e condutores que transitan pola autovía A-55.

Durante a concentración, a rexedora local mosense fixo lectura dun comunicado no que reclamaba a reanudación das obras de mellora da seguridade viaria na A-55 por parte da Dirección Xeral do Estado. As obras de mellora iniciáronse hai tres anos, pero foron interrompidas, con algunhas zonas coma o barrio de San Eleuterio en Tameiga aínda en peor situación que cando comezaron as obras, asegura o Concello de Mos.

Denuncian  falta de sinalización horizontal, límites de velocidade confusos, malas iluminacións, sinistros diarios e que xa se produciron centos de mortes, sendo a autovía máis perigosa de Galicia, o cal afecta non só a este concello, senón a veciños de toda a Área Metropolitana.

Fotografía da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lendo o manifesto / Concello de Mos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, le o manifesto polo remate das obras / Concello de Mos

Tralo incumplimento por parte da Dirección Xeral de Estradas do Estado da data comprometida para a reanudación das obras de mellora da seguridade viaria, o 1 de marzo a alcaldesa de Mos reuniuse en Madrid co Director Xeral de Estradas de España, Jorge Urrecho Corrales, chegando á promesa incumprida de que se retomarían os traballos durante o mes de marzo de 2018.

Dende o Concello de Mos aseguran tamén ter feito xestións con distintas administracións, con cartas ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para pedirlles intermediación ante a Dirección Xeral de Estradas do Estado e ante o Ministerio de Fomento.

A rexedora mosense insistiu en que “ogallá que o inicio das obras chegue máis pronto que tarde, pero de non ser así non cesaremos nas nosas mobilizacións ata conseguilo”. E anunciou que a vindeira acción á que se convoca á cidadanía está programada para o vindeiro venres 20 de abril ás 20.00 horas, e consistirá nunha comitiva que partirá camiñando desde A Curuxeira.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...