InicioEconomíaVigo será unha das primeras cidades de Europa con cobertura 5G

Vigo será unha das primeras cidades de Europa con cobertura 5G

As cidades de Vigo e A Coruña converteranse nas primeiras cidades de España e das "poucas" de Europa que van ter cobertura 5G

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia aspira a “seguir situándose” no ámbito do 5G como a única comunidade en presentar iniciativas dos tres operadores ás axudas estatais para subvencionar pilotos 5G. “E a cidade de Vigo e A Coruña converteranse en dúas das primeiras cidades de España e das poucas de Europa que van ter cobertura 5G“, explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación da primeira conexión 5G de datos transfronteiriza en mobilidade do mundo, que se estreou con “éxito” este mércores entre as localidades de Tui (Pontevedra) e Valença do Minho (Portugal).

Con esta conectividade, explicou o mandatario autonómico, Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispor dos servizos avanzados que posibilita o 5G en ámbitos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios.

De feito, Feijóo manifestou que Galicia quere “seguir aproveitando as oportunidades desta tecnoloxía para mellorar a calidade dos servizos públicos básicos”, como a sanidade –coa prestación de servizos médicos a distancia– ou a educación, así como para incrementar a competitividade das empresas e favorecer o desenvolvemento das cidades intelixentes e os vehículos conectados.

Para iso, indicou que Galicia conseguiu confirmar un nó 5G co compromiso dos tres principais operadores –Vodafone, Telefónica e Orange– para realizar nove casos de uso de 5G ata 2020. A cidade de Vigo e a da Coruña serán as “primeiras” de España e das “poucas” de Europa que van ter cobertura 5G.

Vodafone fixo tres proxectos piloto: un en materia de incendios; outro sobre a ambulancia 5G, conectada en tempo real a través de redes sen fíos de alta capacidade que permite a monitorización do paciente crítico remoto; e un máis coa aposta polo coche conectado, para a mellora da xestión do tráfico en interseccións coa comunicación entre vehículos e viandantes.

Máis información, en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra a Xunta pola vivenda en Vigo e cualifica de “contos chineses” o plan das 2.000 vivendas do Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou os anuncios da Xunta sobre a construción...

Esquerda Unida propón cambios no Mercado das Travesas para priorizar os peóns e reducir a velocidade do tráfico

Esquerda Unida presentou este martes no rexistro do Concello de Vigo unha proposta de...

Caballero carga contra Rueda pola AVE Vigo-O Porto e culpa a Portugal do atraso até 2038 mentres o Eixo Atlántico esixe datos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes que o presidente da Xunta,...

O policía de Vigo acusado de violar a unha moza borracha: “Díxome ‘teño 19’ e bicoume”

O axente da Policía Local de Vigo que foi denunciado por unha suposta agresión...