InicioSociedadeCC.OO. esixe á nova corporación municipal de Vigo o seu apoio para...

CC.OO. esixe á nova corporación municipal de Vigo o seu apoio para transformar o Hospital Cíes nun centro de maiores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CC.OO. de Vigo demandou o apoio da corporación municipal olívica que se constitúa despois das eleccións do 26 de maio para a súa proposta de transformación do antigo Hospital Cíes nun centro para persoas maiores.

Mediante un comunicado, volveu a insistir na necesidade de que a corporación asuma esta iniciativa como “un proxecto da cidade” a través dunha declaración institucional e co obxectivo de que a cidadanía o teña en consideración á hora de votar.

A proposta de crear este centro foi apoiada pola Asociación de Comerciantes de Santa Rita, a Asociación de Veciños de San Roque, a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec), a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, o Colexio de Arquitectos e a familia Bar Boo, entre outras organizacións.

En concreto, o Centro Gerontológico exposto prestaría unha atención especializada a persoas maiores con dependencia leve ou moderada que poidan vivir con certa autonomía baixo a tutela dunha entidade pública. Na proposta tamén se inclúe a creación dun observatorio xerontológico de ámbito autonómico que estea centrado na investigación, a promoción, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico nesta área.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...