InicioSucesosDetidos un menor e outro mozo de 18 anos por atacar e...

Detidos un menor e outro mozo de 18 anos por atacar e roubar a outro menor en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous mozos, un deles menor de idade, como presuntos autores dun roubo con violencia. Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron na zona da Robleda, en Teis, cando os dous mozos atacaron a un menor que ía camiñando pola rúa.

Segundo as testemuñas, os dous sospeitosos achegáronse á vítima por detrás e un deles abalanzouse sobre el para quitarlle unha bandoleira que levaba ao ombreiro. Como o menor resistiuse, produciuse un forcexeo, pero o segundo sospeitoso golpeoulle na cara e na boca, facéndoo caer, e así puideron roubarlle a carteira e o teléfono móbil.

Mentres unha dotación do 091 atendía á vítima, outros efectivos policiais descubriron aos dous sospeitosos fuxindo do lugar á carreira e, aínda que trataron de evadir a acción policial, foron finalmente interceptados.

Unha vez en Comisaría, comprobouse que un dos supostos ladróns é menor de idade, polo que se avisou aos seus responsables legais, e informouse á Fiscalía de Menores. O outro detido, de 18 anos de idade, conta con varios antecedentes policiais.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...