InicioVigo e contornaVigoEn Marea propón un plan para a automoción para crear 30.000...

En Marea propón un plan para a automoción para crear 30.000 empregos

Expón unha mesa galega da automoción para garantir condicións laborais "xustas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea propuxo este mércores a creación dun gran parque da automoción con carácter europeo e con sede principal na área de Vigo, dotado cun fondo público-privado (con achegas da Xunta, o Estado e a UE) de 400 millóns de euros, e que crearía 30.000 empregos nos próximos anos, ligados ao desenvolvemento da industria 4.0 e o I+D+i.

Así o trasladou o portavoz da formación, Luís Villares, tras manter en Vigo un encontro con representantes de traballadores do sector, no que estivo acompañado polos candidatos Manuel González Moreira e Teresa Pérez. Segundo incidiu, “non é unha utopía” subir dos 170.000 actuais 200.000 empregados neste sector.

Villares explicou que a finalidade deste plan é desenvolver o I+D+i ligado á automoción “que xa é do presente”, é dicir, a dos modelos híbridos, eléctricos e autónomos; así como a adaptación de procesos á robotización e á industria 4.0.

Por outra banda, En Marea apostou por “crear sinerxias” entre as factorías principais e a industria secundaria, así como “adaptar” a Formación Profesional pública “en tempo real” ás necesidades deste sector, para que a robotización de procesos non leve aos despedimentos, senón que se recicle aos traballadores e que haxa substitución xeracional.

MESA GALEGA DE AUTOMOCIÓN

Ademais, incidiu Villares, Galicia non pode “quedar atrás” en materia de innovación, e avogou por unha “estratexia” que poña a esta rexión “á vangarda” porque, nestes momentos, están a importarse materiais tecnolóxicos en lugar de crear o coñecemento e aplicalo á industria.

Finalmente, o portavoz de En Marea subliñou a necesidade de que haxa “relacións laborais xustas” no sector da automoción, e propuxo a creación dunha “mesa galega da automoción”, con participación de CEAGA, sindicatos, e universidades para vixiar a aplicación de condicións laborais xustas e “deter a precarización” que afecta actualmente as empresas desta industria.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...