InicioSociedadePrisión provisional para o vigués acusado de tentar matar a súa parella

Prisión provisional para o vigués acusado de tentar matar a súa parella

O xuíz de garda decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de 60 anos, residente en Vigo, detido por un suposto delito de malos tratos e un intento de homicidio perpetrados contra a súa parella, unha muller de 40 anos, nunha vivenda na que se atopaba o fillo menor de idade da vítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuíz de garda decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de 60 anos, residente en Vigo, detido por un suposto delito de malos tratos e un intento de homicidio perpetrados contra a súa parella, unha muller de 40 anos, nunha vivenda na que se atopaba o fillo menor de idade da vítima.

Os feitos dos que se acusa a este home tiveron lugar este martes ao redor das 6,10 horas na rúa Numancia onde, supostamente, o detido causou graves lesións na cabeza á vítima. Os axentes, que foran contactados por un particular, desprazáronse ata o domicilio, no que atoparon a muller no chan e, ao seu lado, ao seu fillo de once anos.

Posteriormente, a muller foi trasladada ao hospital e o seu fillo detallou aos policías que se espertou ao escoitar os berros da súa nai ao ser agredida polo home que, supostamente, fuxira tras os feitos.

Tras trasladar ao menor xunto a unha coñecida da vítima e proceder á custodia desta no hospital, contactouse con distintos corpos policiais e da Garda Civil.

Este mércores ás 10,00 horas localizouse en Ourense o vehículo no que fuxira o presunto agresor, polo que se estableceu un dispositivo de vixilancia na zona con unidades de paisano da Policía Xudicial. Posteriormente, ao redor das 13,00 horas, un vixiante de seguridade da estación de tren contactou coa Comisaría de Ourense e notificou que o individuo se atopaba nese lugar.

Finalmente, os axentes desprazáronse ata a estación, detiveron ao presunto agresor. O home pasou na mañá deste xoves a disposición do xulgado de garda, que decretou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...