InicioVal MiñorBaionaInvestigadas tres persoas polo roubo dun patín eléctrico en Baiona e dous...

Investigadas tres persoas polo roubo dun patín eléctrico en Baiona e dous furtos en Gondomar

A Garda Civil recuperou na súa vivenda dúas cadeiras de montar dacabalo co seu equipamento e ferramentas subtraídas en domicilios

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a tres veciños de Gondomar (Pontevedra) como presuntos autores do roubo dun patín eléctrico en Baiona e outros dous furtos no municipio de Gondomar.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciáronse a finais do pasado mes de marzo cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto de Gondomar “sospeita dunha manobra efectuada na parroquia de Vincios por unha persoa que circulaba cun patín eléctrico e deu a volta ao decatarse da presenza da Garda Civil”.

Momentos despois localízase novamente o patín cando o estaban introducindo no maleteiro dun coche e procédese a identificar o condutor do vehículo, unha muller que o acompañaba e o piloto do patín, todos eles veciños de Gondomar, relataron as mesmas fontes.

Poucos días despois, a estas tres persoas notificóuselles a súa condición de investigados como presuntos autores dun delito de roubo ao ter coñecemento de que o patín fora subtraído cando estaba estacionado nunha céntrica rúa da localidade de Baiona.

OBXECTOS SUBTRAÍDOS

Cando a Garda Civil foi ao domicilio destas persoas, onde se recuperou o patín para restituírllo ao seu propietario, atopáronse outros obxectos procedentes de varios furtos, indicou a Benemérita.

Desta forma, puidéronse recuperar tamén dúas cadeiras de montar dacabalo co seu correspondente equipamento, que foran subtraídas o pasado mes de marzo no anexo dun domicilio en Gondomar. Tamén se recuperaron outras ferramentas, entre elas unha trade e unha lixadora, que foran subtraídas o mes pasado noutro domicilio do mesmo municipio.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...