InicioMedio Ambiente e PatrimonioPonteareas lánzase á caza da velutina

Ponteareas lánzase á caza da velutina

PUBLICADO O

- Advertisement -

A veciñanza de Ponteareas está decidida a acabar cunha das principais plagas que hai no concello; a das velutinas. Por iso, un nutrido grupo de veciños asistiu á reunión informativa para o control desta plaga que tivo lugar no concello e no que coñeceron as novas técnicas para a captura de raíñas e as novas fórmulas melloradas de líquidos atraíntes.

Da man da Asociación Galega de Apicultura (AGA)  actualizaron os coñecementos para combater de xeito selectivo a captura de velutinas na primavera que ten como obxectivo reducir o número de  niños secundarios. O alcalde Xosé Represas lembrou que é unha competencia da Xunta de Galicia que debe realizar un plan de acción para desenvolver en todo o territorio e destinar os medios precisos para a investigación e os fondos.

Nun comunicado, o concello insistiu en que continuará loitando con esta plaga adoptando as medidas precisas para frear o seu impacto ao mesmo tempo que esixe á Xunta de Galicia que asuma as súas responsabilidades e facilite aos concellos ferramentas e métodos para protexer as especies autóctonas e propias da zona fronte a esta especie invasora.

“Estamos a disposición da Xunta para colaborar pero son eles os que deben poñer os medios e os cartos para esta acción global que debe ser planificada e sustetanda na investigación”, indicou Represas.

Charla en Ponteareas para erradicar a Plaga da velutina / Concello de Poteareas

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...