InicioSociedadeNovo conflito de competencias entre Porto e Concello na loita contra o...

Novo conflito de competencias entre Porto e Concello na loita contra o botellón

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, sinalou que a actuación contra o botellón que se celebra no Paseo das Avenidas da cidade olívica compete ao Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, sinalou que a actuación contra o botellón que se celebra no Paseo das Avenidas da cidade olívica compete ao Concello.

Durante unha rolda de prensa celebrada este venres, López Veiga concretou que transmitiu aos compoñentes do Consello de Administración, cuxa reunión tivo lugar en Vigo, a legalidade desta práctica de acordo cun informe remitido pola Avogacía Xeral do Estado.

Así mesmo, o presidente do Porto asegurou que nas actuacións correspondentes a este tema produciuse unha “boa” colaboración entre a Policía Local, a Autonómica e a Nacional.

Sobre este punto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurara con anterioridade que o municipio non podía actuar na zona debido a que correspondía a unha área portuaria.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...