InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta confirma a entrada de madeira ilegal de Brasil no Porto...

A Xunta confirma a entrada de madeira ilegal de Brasil no Porto de Vigo

Greenpeace presentou en febreiro ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia unha denuncia na que solicita que se investigue este comercio ilegal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta deu traslado ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de varios expedientes relativos á entrada en Galicia de madeira supostamente ilegal de países como Brasil e Myanmar.

Diso informou en resposta parlamentaria ao PSdeG na comisión de Ordenación Territorial o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, que se referiu á entrada de madeira tropical procedente de Brasil introducida polo porto de Vigo, aínda que sinala que foi comercializada por unha empresa con sede en Portugal. O expediente foi remitido ao Ministerio para que remita copia á Axencia Tributaria e ao Estado portugués.

Remarca que se producen entradas de madeira vía países como Portugal, Países Baixos ou Italia, polo que cre que esas autoridades competentes son as que teñen que “controlar” o que ocorre coas súas empresas.

Ademais, o responsable de Planificación e Ordenación Forestal deu conta doutros casos como a acta levantada a través do Seprona a unha empresa de Pontevedra, tras un control que se fixo. Pola súa banda, a deputada do PSdeG Patricia Vilán reprochou ao Goberno galego que este é “un problema que vostedes coñecían pero que parece que tiñan en ‘stand-by”.

DENUNCIAS

Greenpeace presentou en febreiro ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia unha denuncia na que solicita que se investigue o “incumprimento” por parte da Xunta e de empresas do sector forestal galego da lexislación que obriga a verificar que a madeira que entra no mercado da UE a través de empresas de Galicia é legal e non procede da violación de dereitos humanos. Ao longo de 2018 presentou tres reclamacións ante o Goberno galego por “madeira de sangue” procedente de Brasil e Myanmar.

Sobre este extremo, Chan recoñeceu as “preocupacións xustificadas” de Greenpeace acerca desta problemática, pero incide en que a Xunta está “a mellorar todo tipo de control”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...