InicioSucesosDetido un mozo vigués por gravar baixo saias de mulleres e subir...

Detido un mozo vigués por gravar baixo saias de mulleres e subir o contido a páxinas porno

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un mozo de 23 anos de idade como presunto autor dun delito contra a intimidade, por gravar as partes íntimas de varias mulleres por baixo das súas saias, sen a súa consensimiento nin o seu coñecemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un mozo de 23 anos de idade como presunto autor dun delito contra a intimidade, por gravar as partes íntimas de varias mulleres por baixo das súas saias, sen a súa consensimiento nin o seu coñecemento.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse a principios de xuño do ano pasado, por mor de varias denuncias presentadas en Vigo e A Coruña de varias mulleres que manifestaron que alguén lles gravou sen o seu permiso.

No caso de Vigo, as gravacións realizáronse nun centro comercial, mentres que na Coruña os feitos cometéronse nun evento celebrado en maio nesa cidade. Posteriormente, eses vídeos publicáronse nunha páxina web de contido pornográfico.

Axentes especializados en delincuencia económica e tecnolóxica iniciaron as pescudas e comprobaron que o usuario autor dos vídeos publicara outras fotografías de temática ‘upskirting’ (gravacións de mulleres sen o seu consentimento por baixo da saia).

Finalmente, lograron identificar o sospeitoso, que non ten antecedentes e que foi detido en Vigo. A Policía incautouse do computador onde estaban almacenados os vídeos investigados e outros que realizara do mesmo contido.

As investigacións foron levadas a cabo polos grupos de delincuencia económica e tecnolóxica da Coruña e Vigo, e coordinadas polo xulgado de Instrución número 6 da cidade herculina.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...