InicioSucesosGolpe de efecto contra a rede de tráfico de drogas en Vigo

Golpe de efecto contra a rede de tráfico de drogas en Vigo

Coa detención do líder dunha banda e mais da súa persoa de confianza, considérase que a organización queda desarticulada. Dedicábanse a distribuír heroína e cocaína, principalmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional desarticulou na cidade de Vigo unha organización dedicada ao tráfico de heroína e cocaína no marco dun operativo no que foron detidas dúas persoas –o líder da banda e a súa persoa de confianza-.

Segundo informou a Policía Nacional, ademais da detención dun home e unha muller incautouse unha “importante cantidade” de heroína, cocaína e outros efectos.

Tras solicitar diversas informacións sobre o tráfico de sustancias estupefacientes en Vigo-Redondela, os axentes comprobaron que se trataba dunha organización dedicada principalmente ao tráfico de heroína e cocaína. Ademais, lograron identificar ao responsable da organización e á súa persoa de confianza, así como as vivendas que utilizaban para ocultar a droga e preparala para a súa posterior distribución.

Conforme avanzaba a investigación, os axentes descubriron que dita organización tentaba estender a súa área de influencia a outros puntos da xeografía. Así, realizáronse controis na contorna e vixilancias discretas, para coordinar a detención conxunta dos dous máximos responsables cando procedesen a trasladar a droga para a súa elaboración e posterior distribución. Deste xeito, a última hora da mañá axentes interceptaron na rúa a ambas persoas e procederon á súa detención. Os policías interviñeron máis de 60 gramos de cocaína, 15 de heroína e outros efectos.

ANTECEDENTES

En comisaría procedeuse a tomar declaración aos detidos e a realizar unha consulta das bases de datos na que se comprobou que ambos contaban con antecedentes policiais anteriores, varios deles por feitos similares. A Policía explicou que os arrestados forman parte dun clan no que “varios membros se atopan cumprindo penas de prisión por unha operación anterior”. Ademais, concretou que a droga se distribuía para a súa venda desde varias vivendas do Casco Vello de Vigo ou a través de pequenos vendedores por diversos puntos do centro da cidade

A investigación foi levada a cabo por axentes do Grupo de UDEV-Drogas, dependentes da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Policía de Vigo-Redondela. Os detidos e todo o actuado foi posto a disposición do xulgado de Instrución de garda de Vigo. Por parte da Policía Nacional agradécese a “colaboración anónima de todos aqueles cidadáns que un alarde de civismo e espírito social facilitan diariamente” o seu traballo “a través das súas achegas e informacións”, destaca.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...