InicioSociedadeVenezolanos alertan de que os enfrontamentos deste fin de semana en Vigo...

Venezolanos alertan de que os enfrontamentos deste fin de semana en Vigo poden volver producirse

O Consulado de Venezuela en Vigo acusa a algúns venezolanos de "sabotear" os actos a favor de Maduro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Venezolanos pertencentes á Federación Venezolana de Galicia (Fevega) advertiron que os enfrontamentos ocorridos o pasado sábado en Vigo poden volver producirse. Segundo informaron a Europa Press, esta mesma semana celebraranse varios actos en Moaña e en Santiago, polo que non descartaron que volva suceder.

Todo iso tras a conferencia celebrada na cidade olívica, onde participaron como relatoras o representante consular en Vigo do réxime de Nicolás Maduro, Martín Pacheco, e o empresario vasco residente en Venezuela Agustín Otxotorena, onde membros da comunidade venezolana residentes en Vigo “foron atacados por persoas afíns a Maduro”.

A charla foi levada a cabo no bar Sifón, que se atopa debaixo do Colexio de Arquitectos de Vigo, sen que esta institución tivese nada que ver coa organización da mesma.

“MOMENTOS DESAGRADABLES”

Tal como explicou a Fevega, durante a intervención de Otxotorena, “quen negaba a existencia dunha crise humanitaria en Venezuela e enfocaba o seu discurso en atacar as mentiras dos medios de comunicación españois sobre a cobertura informativa no país”, algúns venezolanos presentes interpelaron ao conferencista, debatendo as súas declaracións. Isto xerou unha situación de “tensión, forcexeos e agresións verbais e físicas”.

Pola súa banda, o cónsul de Venezuela en Vigo asegurou a Europa Press que este tipo de situacións é “habitual” neste tipo de eventos. “Sempre hai catro ou cinco saboteadores que gritan e filman a situación e logo mándanllo aos medios, porque están ao seu favor. O acto non se viu afectado”, subliñou.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...