InicioCultura'Metamitologías', a derradeira xenialidade do artista gráfico vigués Peri Helio

‘Metamitologías’, a derradeira xenialidade do artista gráfico vigués Peri Helio

Veinticinco obras que adornan desde xa a Coloman Tattooing & Electric Gallery.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este venres 22 de marzo o artista Peri Helio (Vigo, 1983) inaugurou na Coloman Tattooing & Electric Gallery (Rúa México Nº 51, Vigo) ‘Metamitologías’, unha exposición singular pero sempre fiel ao seu estilo de finos trazos. Emprega lenzos pero hai moito que transcendeu a súa superficie.

Peri, en primeiro plano/ Miguel Núñez

De feito, este artista gráfico é ben coñecido en Vigo ao empregar espacios públicos como papel en branco. Por exemplo cando no Colexio Losada, dentro do programa do Concello de Vigo creou “Viaje al conocimiento”, plasmando tanto imaxinación como calidade técnica.

Exposición na Electric Gallery/ Miguel Núñez

Este artista de estilo inusual e sorprendente vén de deixar a súa fonda pegada tamén no teatro Ensalle ou o CEIP Illas Cíes de Coia.

Na inauguración da exposición de Peri/ Miguel Núñez

Ata chegou a Cangas, coa súa espectacular representación dunha balea varada na factoría Massó. Agora cambia o exterior polo interior cun conxunto de 25 pezas que non traiciona a súa liña persoal.

Na inauguración da exposición de Peri/ Miguel Núñez

A 22 debuxos en tinta sobre papel se lle suman tres cerámicas, simbolismos dun mundo cada vez máis artificial. E temos que andar con coidado neste terreo de abundantes riscos. Como di o seu eslogan, “es invierno en las profundidades del Sol”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...