InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo cre que haberá excepcionalidade para PSA Vigo e...

O Concello de Vigo cre que haberá excepcionalidade para PSA Vigo e terá conexión a alta tensión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o Goberno “está a estudar” contemplar unha excepción na normativa para facilitar que a planta de PSA Peugeot Citroën na cidade teña conexión a alta tensión eléctrica para abaratar custos e evitar problemas na subministración.

Nunha rolda de prensa, e a preguntas dos medios sobre esta cuestión, o rexedor olívico incidiu en que el mesmo xestionou ante o Goberno e ante Red Eléctrica Española esa petición, de maneira que se faga unha “exención” a PSA Vigo –a planta non chega ao consumo mínimo esixido para optar a esa subministración en alta tensión–.

En todo caso, matizou que ese tipo de excepcións “páganas outros consumidores”, polo que é “razoable” que a administración teña que “estudalo”.

Finalmente, tras insistir en que ten “a maior esperanza” en que esta petición será aceptada, recalcou que “a primeira vez” que se expuxo foi hai un mes, e fíxoo el como alcalde de Vigo. Antes, recalcou, nin Núñez Feijóo, nin a exministra e deputada Ana Pastor, nin Rajoy, o pediron.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...