InicioSucesosNova retención quilométrica en Rande logo dunha colisión múltiple

Nova retención quilométrica en Rande logo dunha colisión múltiple

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de catro vehículos víronse implicados nun accidente de tráfico ocorrido na AP-9, en dirección sur, ao paso polo concello pontevedrés de Moaña, á altura da Ponte de Rande. Como consecuencia do impacto, unha persona necesitou asistencia médica, aínda que, inicialmente, o seu estado non revestía gravidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a colisión produciuse pasada a unha da tarde no carril lateral da autoestrada en dirección sur. Tras o choque, unha muller comezou a sentirse mareada e mesmo necesitou de axuda para poder saír do vehículo.

Debido a isto, foi evacuada nunha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias para ser sometida a un recoñecemento médico no complexo hospitalario de referencia. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, no operativo participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do Morrazo, aínda que non foi necesario empregar o material de excarceración.

Como consecuencia do accidente, a Ponte de Rande rexistrou importantes retencións de tráfico que se prolongaron até case as tres da tarde, segundo informou a Policía Local de Moaña. Foi a segunda gran retención desta fin de semana logo da acontecida no sábado. Os usuarios da vía quéixanse das obras de ampliación que, a pesar de ser inaugurado o novo tramo, seguen sen estar acabadas.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...