InicioSociedadeCaballero teima en pedir Medicina para a UVigo "se se rompe o...

Caballero teima en pedir Medicina para a UVigo “se se rompe o pacto entre universidades”

Aínda que non se implante finalmente Robótica en Lugo, o alcalde xa tiña pensado solicitar estoutro grao para a cidade "porque hai demanda suficiente e infraestrutura hospitalaria",

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expresou este martes o seu apoio ao reitor da Universidade olívica “na súa demanda de que non se rompa o pacto” entre as universidades galegas acerca da implantación da titulación de Robótica. En caso contrario, é dicir, se se implanta este grao en Lugo, pedirá “de inmediato” que Vigo teña facultade de Medicina.

Así o trasladou o rexedor olívico nunha rolda de prensa, na que lembrou que xa se imparten contidos de Robótica en Vigo e Ferrol (o acordo sobre titulacións contemplaba para Lugo un grao de Robótica Agroforestal, non xeralista). Entende que esa oferta “debe ser suficiente” no sistema universitario galego.

“Se se rompe o pacto, nós reclamaremos de forma inmediata unha facultade de Medicina”, proclamou o alcalde, quen lembrou que en Vigo hai suficiente demanda para eses estudos, ademais de infrastrutura hospitalaria.

En todo caso, Abel Caballero matizou que ía “reclamar igual” esa titulación para a cidade, aínda que “se pode esperar un tempo”. Con todo, insistiu en que se o acordo non se respecta, non haberá ese período de agarda.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...