InicioSociedadeNovas ausencias na comisión de investigación do Marisquiño

Novas ausencias na comisión de investigación do Marisquiño

O secretario municipal, José Riesgo Boluda, non compareceu no Parlamento. Tampouco o fixo a presidenta de Portos do Estado. O Concello pide que se aclare se é obrigatorio declarar nesta comisión baixo o risco de ser sancionados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario municipal de Vigo, José Riesgo Boluda, comunicou ao Parlamento Galego a súa intención de non comparecer este xoves na Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño, co que dá plantón por segunda vez a este órgano.

Riesgo Boluda xa fora citado a comparecer nesta Comisión o pasado 5 de febreiro, unha ocasión na que tampouco acudiu, a pesar de que a súa decisión podería suporlle unha suspensión de emprego de entre 6 e 24 meses por non colaborar coas pescudas parlamentarias.

Coa intención de “darlle a posibilidade de retractarse” desta decisión, segundo dixo este xoves a presidenta da Comisión durante a sesión, José Riesgo foi requirido nunha segunda ocasión para comparecer esta tarde. No entanto, remitiu unha comunicación ao Parlamento “persistindo na súa negativa”.

Con iso, a Cámara considera que a “vontade de non atender aos requirimentos do Parlamento” por parte do secretario municipal de Vigo “é clara” e remitiu os feitos aos servizos xurídicos para que se determinen as “medidas a adoptar”.

Riesgo Boluda ampárase para a súa negativa en que o Parlamento galego non é competente para analizar cuestións relacionadas con este accidente, dado que vulneraría a autonomía local. Eeste mesmo argumento foi esgrimido polo alcalde, Abel Caballero, que, no entanto, finalmente si compareceu na Comisión de Investigación, aínda que reiterando a súa oposición á mesma.

Do mesmo xeito, tamén a presidenta de Portos do Estado non acudiu á súa cita coa Comisión de Investigación -unha decisión da que informou con menos dunha hora de antelación-, alegando que, segundo a Avogacía do Estado, non estaría obrigada a facelo.

O Concello de Vigo requiriu ao Consello de Estado que se pronuncie sobre a obrigación ou non do seu persoal comparecer nesta comisión baixo risco de ser sancionados, aínda que aínda non hai un pronunciamento definitivo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...