InicioSociedadeMarea de Vigo carga contra as salas de apostas e os salóns...

Marea de Vigo carga contra as salas de apostas e os salóns de xogo, en pleno auxe: Navia, A Laxe, rúa Colombia…

O grupo municipal Marea de Vigo presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno, na que insta a pedir ás administracións central, autonómica e local medidas para protexer aos menores antes a proliferación de salas de apostas e salóns de xogo, e para limitar a súa instalación en espazos próximos a centros educativos, culturais, ou xuvenís, ademais de controlar a súa publicidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno, na que insta a pedir ás administracións central, autonómica e local medidas para protexer aos menores antes a proliferación de salas de apostas e salóns de xogo, e para limitar a súa instalación en espazos próximos a centros educativos, culturais, ou xuvenís, ademais de controlar a súa publicidade.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, expresou a “preocupación” de Marea polo aumento deste tipo de establecementos, e lembrou que, nas últimas reunións da Xerencia de Urbanismo, deuse licenza para dúas deste tipo de locais, un na rúa Colombia e outro no barrio de Navia, ao que se suma a sala de casino no centro comercial A Laxe.

Pola súa banda, a portavoz da asociación Distopía, Elisa Pérez, subliñou que o perfil do ludópata cambiou, e pasou de ser unha persoa de entre 40 e 55 anos, que xoga presencialmente, a ser un menor de 30 anos, que xoga ‘en liña’.

Mentres, o representante da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados, Juan José Lamas, apuntou que o xogo de azar “move 40.000 millóns de euros”, por iso ás administracións, que “forman parte do lobby”, non lles interesa ser estritos na súa regulación, a pesar das posibles “consecuencias patolóxicas”.

No caso de Galicia, onde “a falta de control é total”, sinalou, “calquera mozo pode acceder a un bar e facer unha aposta porque ninguén lle pide o DNI”.

E os concellos, engadiu, “non poden evadir a cuestión” porque, aínda que non teñan competencias na normativa sobre o xogo, son os que outorgan a licenza e poden “inspeccionar” que non se cometan “ilegalidades”. En Vigo, precisou, hai 11 salas de apostas e “máis de 700 máquinas auxiliares de apostas deportivas” noutros tantos establecementos.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...