InicioSucesosDenunciado outro ancián en Vigo por facer "tocamentos" a varias mulleres na...

Denunciado outro ancián en Vigo por facer “tocamentos” a varias mulleres na rúa

O home mesmo chegou a gravar cun teléfono móbil os feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias de denuncia contra un veciño da cidade, E.R.C., de 77 anos de idade, por realizar supostamente “tocamentos” a varias mulleres na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a última hora da tarde do sábado, cando unha dotación do 092 desprazouse á rúa Príncipe con Urzáiz, alertada pola presenza dun individuo que estaba a facer “tocamentos” ás viandantes.

Unha vez alí, o marido dunha desas mulleres explicou que o sospeitoso se achegou á súa esposa, cando ambos paseaban en compañía da súa filla de 4 anos, á altura do Museo MARCO. Segundo relatou, o home púxose á beira da súa muller e estendeu o brazo para tocarlle a entreperna.

A continuación, seguiu camiñando e repetiu a mesma acción con outras mulleres, e mesmo, segundo esta testemuña, chegou a gravar algún destes “tocamentos” cun teléfono móbil.

Grazas á descrición achegada, os axentes puideron localizar ao septuaxenario, cando se atopaba na confluencia das rúas Urzáiz con Gran Vía, e informáronlle de que quedaba denunciado en dilixencias xudiciais.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...