InicioVigo e contornaVigo20.000 afeccionados aos vehículos clásicos visitaron un Retro Galicia con "moitas referencias...

20.000 afeccionados aos vehículos clásicos visitaron un Retro Galicia con “moitas referencias a Vigo”

No marco desta feira homenaxeouse aos pilotos Chano Carrera e Manuel Sanjurjo, así como á marca Citröen, no seu centenario

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 20.000 afeccionados aos coches e motos clásicas visitaron o Salón Retro Galicia, que pecha este domingo a súa novena edición celebrada no Instituto Feiral de Vigo este fin de semana.

“Esta edición que termina foi un bo exemplo de que en Galicia hai moitos afeccionados aos vehículos clásicos e de que existen grandes coleccionistas, o que vaticina unha longa vida a Retro Galicia”, asegurou o director do certame, José Enrique Elvira.

Tal como sinalou a súa organización nun comunicado, a cita terminará cun balance de asistencia superior aos 20.000 visitantes, “o que certifica o bo momento desta feira”. “Este ano a mostra de vehículos clásicos galega contou con moitas referencias a Vigo, o que ademais redundou nunha maior satisfacción da afección e do público local”.

A homenaxe aos pilotos galegos Chano Carrera e Manuel Sanjurjo foi un dos actos “máis emotivos”, así como a exposición do autobús Cometa, que formaba parte da frota do transporte público de Vigo hai 50 anos.

Tamén se levou a cabo unha mostra homenaxe a Citroën, con motivo da celebración do centenario da marca francesa. Así expuxéronse 22 coches desta compañía, como o Citroën Ligero 11, o Visa, o CX, o SM ou os 2 CV.

“A feira deste ano foi especialmente emotiva pola abundante cantidade de símbolos relacionados con Vigo e iso notouse entre os asistentes, que ademais eloxiaron nas redes sociais a calidade dos coches e motos traídas”, destacou Elvira.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...