InicioCulturaAs alfombras florais chegan a Vigo

As alfombras florais chegan a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As festas do Corpus de Ponteareas locen dende onte en Vigo grazas á iniciativa do goberno de Ponteareas, que puxo en marcha a campaña de promoción do Corpus na cidade olívica dentro da estratexia de marketing de difundir estas festas nas cidades e grandes núcleos de poboación, como a realizada en Braga o pasado mes.

A concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, e o Alcalde de Ponteareas Xosé Represas subíronse hoxe ao autobús urbano que portará durante todo o mes de maio a imaxe promocional das súas alfombras.

Laterais e traseiras anuncian a todos os condutores e peóns que xa estamos ás portas destas festas de interese turístico internacional. A imaxe do cartaz deste ano circula por Vigo chegando a todo tipo de público, dende maiores a cativos e cativas, xa que a programación cultural do Corpus ofrece actividades para toda a familia.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Turismo / Concello de Ponteareas

A liña 15C, que percorre dende o Cuvi o Calvario, a rúa Jenaro de La Fuente, rúa Pontevedra e Paseo da Alfonso para pasar pola Gran Vía ata chegar a Samil, é unha das liñas de máis longo percorrido, facendo que a promoción do Corpus de Ponteareas acade unha maior difusión.

Dentro desta estratexia tamén se realizará unha exposición ao aire libre das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas recollendo a suxerencia aportada pola Asociación de Alfombristas. En colaboración con eles o vindeiro 19 maio na céntrica rúa Príncipe diante do Museo Marco exporánse arredor de trinta fotografías. O Alcalde de Ponteareas agradece a Vigo e ao seu Alcalde Abel Caballero a súa boa predisposición.

Co obxectivo de colocar o nome de Ponteareas e o nome das tradicionais alfombras florais na axenda de todos os e as vigueses e veciños e veciñas da área metropolitana que por motivos laborais, sanitarios ou persoais se achegan á cidade, por vez primeira un autobús urbano apoiará as distintas accións de marketing que o goberno de Ponteareas deseñou para esta edición.

“Coincidindo coa tramitación da declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial dende o
goberno, apoiaremos a arte de tantos e tantas veciñas que estes días dedican todos os seus esforzos en prolongar esta tradición herdada dos seus antepasados”, explica o Alcalde.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...

Os papanoeles volven surfear na praia de Patos

A praia de Patos da localidade pontevedresa de Nigrán acolleu este luns, como cada...