InicioVigo e contornaVigoO Goberno aproba un indulto parcial para os sindicalistas vigueses Carlos Rivas...

O Goberno aproba un indulto parcial para os sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Así o recolle o BOE deste luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno central aprobou este luns un indulto parcial para os sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Deste xeito, os empregados, que foron condenados en 2011 a tres anos de cárcere por un delito contra os dereitos dos traballadores e a unha multa de cinco euros diarios durante doce meses, verán conmutada a súa pena de prisión por outra sanción económica de seis euros ao día ao longo de dezaoito meses.

Estes sindicalistas do sector do transporte foran condenados tras participar nun piquete durante unha folga no ano 2008. Posteriormente, en 2014, o Parlamento de Galicia apoiou de forma unánime a petición do indulto parcial para evitar que ambos ingresasen en prisión.

“ALIVIO” DOS SINDICALISTAS

En declaracións a Europa Press, Carlos Rivas, afiliado á Unión Xeral de Traballadores (UGT), asegurou que esta decisión supuxo un “alivio” que puxo fin ao que considerou como un “calvario” sufrido durante “moitos anos”. Así mesmo, Serafín Rodríguez, afiliado á Confederación Intersindical Galega (CIG), tamén valorou a publicación recollida no BOE.

Pola súa banda, mediante un comunicado, o secretario xeral do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), Gonzalo Caballero, –que xa avanzara a posibilidade de que se concedese este indulto en declaracións realizadas a semana pasada– celebrou a “sensibilidade” do Goberno central que, na súa opinión, mostrou que “cumpre cos traballadores”.

Neste sentido, Gonzalo Caballero afirmou que asumiu esta cuestión como “un compromiso político e persoal” con estes sindicalistas desde a chegada do presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, á Moncloa. Ademais, mediante a súa conta de Twitter, o líder do PSdeG reivindicou os “anos” durante os que se realizaron concentracións en apoio de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...