InicioSociedadeO Eixo Atlántico celebra o novo Decreto Lei co que o goberno...

O Eixo Atlántico celebra o novo Decreto Lei co que o goberno luso regulará a promoción do camiño portugués

Nestes anos o Eixo Atlántico creou un clima de opinión favorable á promoción do Camiño de Santiago portugués a través dos Medios de Comunicación de Portugal .

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Portugal aprobou este xoves un Decreto Lei que regula a “valorización e promoción do Camiño de Santiago portugués, a través da certificación dos seus itinerarios e a creación dun Órgano de Coordinación Nacional”.

Esta decisión recolle a proposta que no seu día fixera o Eixo Atlántico, tanto ao Primeiro Ministro, Pedro Passsos Coelho, como ao actual António Costa, así como aos 3 titulares de Cultura da actual lexislatura.

En 2016 o Eixo Atlántico publicou, en colaboración coa Xunta de Galicia, un informe titulado “Caminho de Santiago: Estudos dous traçados non Norte de Portugal” no que recollía a situación dos trazados do Camiño de Santiago portugués, así como as actuacións que había que realizar en cada concello do Norte de Portugal para a rexeneración e mellora do Camiño e a valorización do custo das devanditas actuacións con vistas a equiparalo ao Camiño Francés en 2021, próximo Ano Santo.

Nestes anos o Eixo Atlántico creou un clima de opinión favorable á promoción do Camiño de Santiago portugués a través dos Medios de Comunicación de Portugal mediante a organización de foros e debates principalmente co Xornal de Notícias (Foro de Vila Nova de Gaia) e do Correio do Minho (Foro de Braga), foros nos que participaron algunhas das asociacións máis representativas como é o caso da Asociación Amigos do Camiño que preside Tino Lores.

Tras a aprobación no día de onte, o Eixo Atlantico seguirá traballando para vehiculizar os investimentos necesarios para a mellora do Camiño, tal e como reflicte o citado informe.

En todo caso, desde Eixo Atlántico e os seus concellos, especialmente aqueles por os que discorre o Camiño portugués, considérase unha excelente noticia e un éxito máis dos numerosos conseguidos grazas ao traballo conxunto da entidade cos seus concellos.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...