InicioMovementos SociaisLuís Villares acusa á Xunta de "abandono de funcións" e esixe que...

Luís Villares acusa á Xunta de “abandono de funcións” e esixe que interveña en Vulcano

O grupo parlamentario de En Marea reclamou este xoves á Xunta que interveña para garantir a viabilidade do estaleiro Vulcano, para que se paguen as nóminas aos seus traballadores e aos da industria auxiliar, e para buscar "investidores" que dean un futuro á empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo parlamentario de En Marea reclamou este xoves á Xunta que interveña para garantir a viabilidade do estaleiro Vulcano, para que se paguen as nóminas aos seus traballadores e aos da industria auxiliar, e para buscar “investidores” que dean un futuro á empresa.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o portavoz de En Marea, Luís Villares, tras manter un encontro co comité de empresa do estaleiro, no que tamén participaron o deputado autonómico Pancho Casal e o concelleiro de Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome.

Segundo Villares, a Xunta “ten a obrigación” de intervir na crise de Vulcano porque “hai intereses públicos” en xogo, xa que a empresa ten concedido un préstamo circulante de seis millóns de euros e, ademais, o Igape “é o encargado de dinamizar o país económica e industrialmente”.

Manifestacijón dos traballadores de Vulcano / Miguel Núñez

Así mesmo, sinalou que os traballadores de Vulcano veu informado nos últimos meses da situación da empresa e “a Xunta fixo abandono de funcións á hora de garantir que se estaba construíndo, e que o fluxo financeiro ía dedicado á boa construción e á boa finalización” do ferri. Por iso, pediulle “que tome agora as cartas no asunto que non tomou antes”.

Así, pediu ao goberno galego que traballe para restaurar a “confianza” dos axentes implicados na construción deste barco, que busque mecanismos para pagar as nóminas aos empregados de Vulcano e das empresas provedoras e que “busque investidores para dar continuidade” a este e ao resto de estaleiros de Galicia.

A ese respecto, o deputado Pancho casal advertiu de que o peche de Vulcano afectaría á “credibilidade” de todo o naval galego, e a Xunta debe intervir “de forma máis decidida”. Nese sentido, apostou porque o executivo autonómico faga unha auditoría non só económica do estaleiro, senón tamén técnica, para saber como se gasta o diñeiro, e “se se paga a quen se ten que pagar”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...