InicioSociedadeRestan entre 24 e 30 meses de espera para a nova estación...

Restan entre 24 e 30 meses de espera para a nova estación do AVE, que integrará a vella fachada

Aseguran desde o Concello que a seguridade será un dos factores fundamentais do proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arquitecto Thom Mayne, encargado do deseño da nova estación do AVE de Urzaiz, comprometeuse co alcalde de Vigo a dar solución técnica as peticións de Abel Caballero no prazo dun mes. Así o expuxo este martes o rexedor nunha rolda de prensa na que cualificou como “moi positiva” a visita do urbanista norteamericano.

O prazo de realización da nova estación, segundo indicou o rexedor, é de 30 meses, e en tres meses xa haberá estrutura. A empresa construtora considera que o prazo final pode quedar reducido a 24 meses.

 

“Valorou o proxecto de Vigo como un dos dez mellores que fixo en todo o mundo e pareceulle unha idea excepcional integrar a vella fachada na conxunto da estación”, sinalou Caballero ante os medios de comunicación.

Segundo explicou o alcalde, o arquitecto estudará primeiro como se sitúa a vella fachada ante o muro de Vía Norte. “Ten o problema de que a fachada sobresae, pero por sorte é un pastiche, polo que suxire arrimalo contra as escaleiras e así pódese entrar”, explicou.

“A seguridade será un dos factores fundamentais neste encargo”, asegura, mentres que no caso do ascensor público que conectará García Barbón coa estación Caballero e Mayne tiveron “intercambio de opinións”.

“O ascensor vaise a facer porque é importantísimo, a cuestión a decidir é que pasa cando peche a estación, porque é un ascensor público, non da estación ni do centro comercial”, sinalou o alcalde antes de engadir que ao arquitecto pareceulle ben unha única saída.

Caballero tamén explicou que a decisión debe tomarse no prazo dun mes, porque hai que cambiar o deseño das estruturas onde van as pasarelas para tomar a decisión definitiva de se será unha saída, dúas ou unha que se bifurca, así como onde apoia.

“Temos en marcha unha obra excepcional, tamén paralizada durante cinco anos, pero a esta cidade non hai quen a pare”, concluíu Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...