InicioPolíticaMarea de Vigo pide estudar se a mala iluminación da cidade está...

Marea de Vigo pide estudar se a mala iluminación da cidade está a aumentar os atropelos

"A seguridade das persoas está moi por enriba de calquera campaña publicitaria baseada en luces e ornamentación”, denunciou Rubén Pérez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo municipal da Marea de Vigo, a raíz das denuncias feitas por asociacións de veciños a causa do aumento dos atropelos nalgúns barrios da cidade, solicitou nesta semana á concellería de Seguridade e Mobilidade os datos dos atropelos en Vigo, xa que, “hai zonas con iluminación deficiente, que está xerando graves problemas de seguridade” matizou Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo.

“O Concello debe facer de inmediato un estudo real e rigoroso dos niveis de luz para evitar toda falta de seguridade, tal e como ademais levan tempo pedindo varias asociacións de veciñas/os”.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo pide que se revise detalladamente a execución do contrato de mantemento do alumeado público e o cumprimento das inspeccións técnicas obrigatorias sobre as instalacións, as OCAs (Organismo de Control Autorizado), posto que a maioría dos elementos de iluminación na cidade de Vigo non a pasaron.

“É un absoluto disparate o que acontece nesta cidade con todo o relativo á iluminación, resultan xa moi preocupantes os criterios que utiliza o alcalde do PSOE para decidir as súas prioridades. A seguridade das persoas está moi por enriba de calquera campaña publicitaria baseada en luces e ornamentación” conclúe Rubén Pérez.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...