InicioEconomíaO Porto de Vigo acusa ao BNG de "servir a Bildu" e...

O Porto de Vigo acusa ao BNG de “servir a Bildu” e utilizar o Parlamento europeo para “falar mal do marisco galego”

Enrique López Veiga asegura que iso é unha "bobada supina" que pode facerlle un dano comercial" ao marisco galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, criticou este venres a quen “utiliza” á comisión de Peticións do Parlamento Europeo “para falar mal do marisco galego”, en referencia á europarlamentaria do BNG Ana Miranda, que volveu a levar o saneamento da ría de Vigo a este organismo.

“É sabido que a calidade da auga das rías vai mellorando”, aseverou López Veiga, para engadir que “o control que leva a cabo das mareas vermellas en Galicia é exemplar”. Tras a petición de Miranda, a comisión de Peticións do Parlamento Europeo instou os servizos da Comisión Europea a comprobar se persisten as irregularidades no tratamento de augas nas rías de Vigo e O Burgo (A Coruña) para o que Bruxelas se comprometeu a pedir máis información ás autoridades.

Neste sentido, o presidente do Porto considerou “dunha torpeza incrible” acudir á Unión Europea a tratar este asunto “só propio de parlamentarios que serven a Bildu“. López Veiga lamentou que esta “bobada supina” poida facer un dano comercial” ao marisco galego, como sucedeu –segundo a súa experiencia como conselleiro de Pesca– despois do accidente do Prestige.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, afirmou este venres en Vigo que se está “mentindo” e que “non hai dúbidas” sobre a calidade das augas das rías. “Poden pedir todo tipo de documentación e facer todas as análises que queiran porque Galicia está a cumprir”, asegurou Vázquez.

“A imaxe de Galicia queda en mal lugar”, censurou a conselleira, para insistir en que a Xunta cumpre “estritamente” as indicacións ambientais.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...