InicioSociedadeOs traballadores de Vulcano solicitan a intervención urxente do conselleiro de Economía

Os traballadores de Vulcano solicitan a intervención urxente do conselleiro de Economía

Os traballadores do estaleiro queren que o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para que medie ante a proposta para de "solución" que lles expuxo o Banco Santander, segundo confirmou o comité de empresa a Europa Press.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores do estaleiro Vulcano de Vigo solicitaron este xoves, a través do Igape, unha reunión “urxente” co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para que medie ante Pymar e o Banco Santander, segundo confirmou o comité de empresa a Europa Press.

O comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano, secretarios sindicais de CIG, UXT e CC.OO., representantes das empresas auxiliares que participan na construción do barco e da propiedade e a dirección do estaleiro reuníronse na tarde deste xoves con dirixentes do Banco Santander en Vigo.

Na reunión, celebrada na sede do Santander en Vigo, a entidade bancaria trasladoulles que “non ten problema” en que se lle pague aos traballadores “o anticipo” que solicitan. É dicir, que non pon impedimento para que cobren os cinco meses de soldo que lles debe o estaleiro. Con todo, o Banco Santander expúxolles que necesita que Pymar (Pequenos e Medianos Estaleiros Sociedade de Reconversión) “aprobe” este “anticipo” aos traballadores.

Terminal de contedores no porto de vigo / Miguel Nuñez

Por este motivo, o comité de Vulcano solicitou esta tarde unha reunión “urxente” con Francisco Conde para que “presione” a Pymar para que acepte este extremo e se poda renovar a construción do barco e que os traballadores reciban os seus salarios.

“O conselleiro de Industria vai estar mañá en Vigo, esperamos que se reúna connosco. Agora non pode poñerse de lado, ten que axilizar e empuxar para que isto se peche xa”, aseverou o presidente do comité de empresa do estaleiro, Nicolás Sangabriel.

Sangabriel mostrouse esperanzado ante esta vía de desbloqueo dunha situación na que os traballadores se atopan “desesperados”.

Nicolás Sangabriel asegurou que chegarán “onde faga falta” para solucionar a situación actual do estaleiro e que se teñen que dirixirse ao Ministerio para que medie con Pymar están dispostos a facelo. “Non imos deixar de movernos”, salientou.

“Unha vez que entreguemos o barco teremos que pedir outra reunión co conselleiro para asegurarnos de que Vulcano conserva a actividade e saber se a Xunta ten algún plan para o futuro do estaleiro”, avanzou o representante dos traballadores.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...