InicioSociedadeO alcalde vigués comproba in situ o colapso das urxencias do Cunqueiro...

O alcalde vigués comproba in situ o colapso das urxencias do Cunqueiro e a “calamidade das instalacións”

"Padiolas polos corredores e nas salas de espera. Non había cadeiras para mover aos pacientes de urxencias e os acompañantes de pacientes non tiñan unha cadeira na que sentar", denuncia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “desastre” o estado do servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) e criticou que o pasado luns estaba “colapsado” a pesar de non haber “ningunha epidemia importante”.

Abel Caballero explicou este martes que acudiu de acompañante ás urxencias do HAC e que puido constatar a “calamidade das instalacións” e o “esforzo” de todo o persoal sanitario.  “Padiolas polos corredores e nas salas de espera. Non había cadeiras para mover aos pacientes de urxencias e os acompañantes de pacientes non tiñan unha cadeira na que sentar”, relatou o rexedor vigués.

Ante a súa experiencia no HAC, Caballero instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que acuda a ver en por si a situación. “O señor Feijóo ten que vir a Vigo e explicar isto, porque onte non era un día de pico de gripe. Era un luns de actividade importante pero un luns, sen ningunha epidemia importante”, manifestou o alcalde.

“Quero felicitar ao persoal polo seu traballo e dedicación, polo seu esforzo. Pero non é soportable nin tolerable que un hospital de dous anos e medio, ao que a Xunta paga a unha empresa centos e centos de millóns de euros, estea nestas condicións”, incidiu Caballero.

Para rematar, o alcalde sostivo que o presidente da Xunta estivo o pasado luns no HAC “pero non dixo nada”. “Tiña que baixar ás urxencias e ver aquilo. Ver as urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo colapsadas”, salientou Caballero.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...