InicioMovementos Sociais"Máis recursos e menos discursos", resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Loita contra a violencia machista, e que sairá ás 19.00 horas do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz, baixo a lema ‘Ante a violencia, todas á rúa. A nosa loita non recúa’.

Resposta Feminista explicou que este ano pon o foco na “violencia institucional”, con situacións como o cuestionamiento ás vítimas que denuncian, e que quedan “atrapadas entre trámites e esperas”. “Pedir protección non pode converterse noutra forma de violencia”, subliñaron.

Respecto diso, incidiron en que as mulleres migrantes e racializadas “aínda teñen máis barreiras” e criticaron que “a situación administrativa pode facer que denunciar unha agresión supoña arriscar o traballo, o sustento ou a posibilidade de quedar” no país.

Por outra banda, proclamaron que as mulleres que sofren violencia no contexto da prostitución “tamén teñen dereito” a ser escoitadas, atendidas e protexidas, e os dereitos non poden depender “dos papeis” que teñan ou de que encaixen na idea de “vítima perfecta”.

Este colectivo reclamou que se actúe fronte ás violencias machistas nos centros de traballo e nos centros educativos e, ás administracións, esixiulles “máis recursos e menos discursos” Finalmente, antes de volver facer un chamamento para saír á rúa o mércores, remarcaron que a súa “loita” é tamén “anticapitalista e descolonial”. “Fronte ao fascismo, ao racismo e á transfobia seguiremos organizadas e esixindo unha resposta a todas as violencias machistas”, concluíron.

ÚLTIMAS

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...

Golpe ao contrabando de tabaco en Vigo

A Garda Civil, a través da Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vigo, interceptou...

Vigo volverá saír á rúa “baixo o mesmo paraugas” para celebrar o Día das Persoas con Discapacidade

A cidade de Vigo volverá saír á rúa o próximo 3 de decembro "baixo...

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...