InicioSociedadeRede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: "Estamos a sufrir un...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a partir das 20.00 horas desde Vía Norte da cidade olívica: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”.

Así o informou a súa fundadora, Rosa Fontaíña, nunha rolda de prensa este venres, na que animou toda a cidadanía a saír á rúa para protestar, porque son os movementos sociais os que están a resolver os problemas, dixo. Segundo ela, na actualidade estase a sufrir un “retroceso” que moitas mulleres “non poden permitir” porque se loitou moito para chegar ata aquí, subliñou.

A este respecto, pediu que se axilicen todas aquelas causas xudiciais relativas ao maltrato, e lamentou que moitas mulleres teñan que agardar anos, desistindo algunhas no proceso. Fontaíña tamén puxo o foco nas custodias compartidas dos fillos comúns, asegurando que en moitos casos os pais “o que queren é facer dano”. “Hai pais moi bos, pero non precisamente os maltratadores”, apostilou.

Por todo isto, animou toda a cidadanía a acudir á manifestación do vindeiro mércores convocada pola Rede de Mulleres. Preguntada por se nesta ocasión haberá unha protesta unitaria, dixo que na cidade se celebrará outra marcha organizada por outros colectivos feministas. Aínda que recoñeceu que “non lle gusta que haxa dúas”, xa que as mulleres “non están enfrontadas“, salientou que “mellor que saian dúas a que a xente fique na casa”.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...