InicioEconomíaAmplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa non entrou a quenda de noite e tamén está “parada ao 100%” FCC, que xestiona a recollida de lixo e a limpeza viaria da cidade. En BorgWarner Zamans, na quenda de noite, dun total de 152 persoas só entraron tres encargados e oito persoas no taller, segundo a CIG, e na planta de Pescanova de Chapela só entrou parte do persoal. 

“Prácticamente todas as empresas do sector da automoción tanto de Vigo como de O Porriño están paradas, así como a empresa de loxística e de transporte de mercadorías STEF”, sinala. Na Coruña, o servizo de recollida de lixo do Consorcio das Mariñas, que inclúe todos os concellos da área metropolitana –agás a propia Coruña e Arteixo– está “parado”, engade, como tamén o da cidade.

No almacén de Zara loxística o paro tamén está a ser, segundo a central, “significativo” na quenda de noite e agarda que haxa un maior seguimento nas de día. 

En Ferrol, a quenda de noite de Navantia non entrou, o lixo de Narón tampouco e só funcionan os servizos mínimos na recollida da cidade departamental. En Pontevedra, o seguimento é “total” na quenda de noite de Treves e do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos non saíu “nin a quenda de noite nin os servizos mínimos”.  Pola súa banda, en Ribadavia, “practicamente todo o persoal da fábrica de pezas e compoñentes metálicos Rubí Automotive da quenda de noite secunda a folga”. 

SEGUIMENTO DO 70%

Pola súa banda, Comisiós Obreiras apuntou a un seguimento “importante” da folga en Galicia. Segundo as súas cifras, na industria o seguimento sitúase arredor do 70%, con fábricas “paralizadas” na “práctica totalidade” como Navantia Ferrol, GKN Driveline en Vigo e a conserveira Profand e DS Smith en Vilagarcía.

Tamén o polígono do Tambre, en Santiago, “permanecera pechado por completo durante dúas horas esta mañá”, no momento de entrada da maior parte dos traballadores.Salienta como “destacable” a participación dos traballadores nos portos do Estado radicados en Galicia, cun seguimento que rolda, segundo os seus datos, o 60% nestas primeiras horas de folga.

No transporte por estrada, un 80% dos traballadores, segundo as súas cifras, non está acudindo ao seu posto, unha porcentaxe que eleva ao 100% no caso de Monbús en Lugo. No sector ferroviario, tamén fixa o seguimento no 70%, e na recollida de lixo elévao ao 80%. “Estes sectores, en todo caso, están marcados polos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta e outras administracións”, insiste.

ÚLTIMAS

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...