InicioPolíticaO BNG denuncia os salarios "estratosféricos" que propón o goberno de Caballero

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5% dos salarios dos cargos electos que propón o goberno de Abel Caballero nos orzamentos municipais de 2027. Nun comunicado, o Bloque reclamou a conxelación das retribucións tanto do rexedor como dos concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial, criticando que no actual contexto de emerxencia social preténdase aumentar a distancia entre os salarios da corporación e os da maioría social.

“A política non pode ser tratada como unha profesión, nin como un modo de vida. É un espazo para a participación democrática e iso é incompatible con privilexios económicos”, reivindicou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas. Indicou que a actualización proposta elevaría o salario anual de Caballero ata os 82.500 euros, mentres que os concelleiros con dedicación exclusiva chegarían a 71.000 euros.

“Non ten xustificación retribucións que son máis de catro veces o salario mínimo e que se sitúan por encima das categorías máis altas do persoal público”, insistiu Igrexas. A pesar de subliñar que o exercicio da representación institucional debe contar con condicións económicas “dignas”, para el isto non pode xustificar uns salarios que se afastan “enormemente” das condicións económicas da maioría da poboación. “Unha cousa é garantir retribucións dignas e outra é fixarse salarios estratosféricos nunha cidade na que preto dunha de cada tres persoas traballadoras están por baixo do salario mínimo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...

O PP esixe explicacións e desculpas de Caballero pola condena tras a falta de mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

O PP de Vigo esixiu ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que dea explicacións...