InicioEconomíaCaballero presume dos turistas en outubro, "un 25% máis" que o ano...

Caballero presume dos turistas en outubro, “un 25% máis” que o ano pasado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que a ocupación hoteleira durante o mes de outubro na cidade rozou o 80%, uns datos “fóra de serie”, e que supoñen “25 puntos máis” ca en outubro de 2025.

Así o manifestou en declaracións remitidas aos medios, nas que apuntou que, segundo os datos trasladados polos propios hoteis, o 10% das persoas visitantes procedían de Galicia e o 53% do resto de España.  Mentres, un 37% dos visitantes viñan do estranxeiro, sendo o turismo portugués o máis numeroso, seguido por viaxeiros chegados dos Estados Unidos, Italia, Alemaña e o Reino Unido.

Abel Caballero sinalou que o mes de outubro, malia que tradicionalmente se considere tempada baixa, deixou en Vigo cifras de ocupación do 80%, no que foi “o mellor outubro da historia da cidade”. Por iso, concluíu que a urbe olívica se converteu en “potencia turística”.

ÚLTIMAS

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A Xunta di que “non comparte nin motivos nin obxectivo” da manifestación de SOS Sanidade en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, amosou o seu "respecto" pola manifestación de...

Caballero: “Estes da deputación e estes do PP cren que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, augurou este martes que o PP deixará de...

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...