InicioSociedadeAnpas de Vigo denuncian a "situación de abandono" e o "desmantelamento" do...

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e Comarca (Foanpas) denunciou a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público, e criticou a actuación da Xunta neste comezo de curso.  Nunha rolda de prensa, representantes de Foanpas referíronse a distintos casos vividos en centros da cidade, empezando polo EEI Vila Laura, que leva semanas protestando pola falta dunha docente que lle corresponde segundo catálogo, xa que só contan con 12 profesionais en vez de 13, como está estipulado, indican. 

“Esta situación afecta gravemente ao día a día da escola, máis aínda cando o alumnado afectado é de educación infantil”, lamentan desde a asociación nun comunicado. “A Xunta fala de inclusión e atención á diversidade, pero pretende resolver a falta de profesorado utilizando os recursos destinados a garantilas”, apostillaron.

Porén, defenden que non se trata dun “caso illado”, xa que no CEP Fleming e no IES O Castro tamén “faltan profesionais, apoios, programas e instalacións axeitadas”, aínda que a resposta da Consellería de Educación é “que os centros se reorganizen e sigan a funcionar”, insisten.  Por todo isto, Foanpas anunciou que porá en marcha protestas e campañas de visibilización para denunciar o que está a ocorrer. 

ÚLTIMAS

Vigo únese á dor polo accidente de Toledo: Abel Caballero suspende axenda e pide que “este país estea unido” ante a traxedia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a cancelación de toda a súa axenda...

A UVigo busca romper a “cadea de exclusión”: cinco persoas procedentes do sistema de protección de menores reciben xa apoio para estudar

A Universidade de Vigo (UVigo) puxo en marcha un programa piloto de inclusión académica...

Xulgado en Vigo por increpar un camareiro homosexual: “Axeónllate e arrepíntete ante Deus por ser homosexual”

Un home acusado de increpar e insultar reiteradamente un traballador dunha cafetería de Vigo...

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...