InicioPolíticaCaballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: "As obras que...

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da Asociación de Directores de Colexios Públicos da cidade, aos que lles trasladou o apoio do goberno municipal ao ámbito educativo, con partidas que suman case 20 millóns de euros nos orzamentos locais do ano que vén.

Segundo informou o rexedor en declaracións remitidas aos medios, explicoulles aos directores dos centros as cifras que recollen as contas do ano 2027 para cuestións como as bolsas de comedor (3 millóns de euros), mentres que “a Xunta as mantén conxeladas”.

O Concello tamén destina 750.000 euros a traballos de mantemento e reparación, e outros tantos á vixilancia e apertura dos centros. Caballero lembrou que o Concello levou a cabo recentemente obras do muro de contención do CEIP Mosteiro de Bembrive (160.000 euros), a reposición do muro do Villa Laura (110.000 euros), e outras melloras noutros centros.

“É certo que esta é unha competencia fundamentalmente da Xunta de Galicia, pero en tantos e tantos colexios a Xunta de Galicia non fai as obras que ten que facer e téñenas que facer nós. A Xunta deixa desatendidos os colexios e a educación en Vigo e temos que facelo nós, que non temos esa competencia”, sentenciou o alcalde.

ÚLTIMAS

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...

BNG e PP cargan contra os orzamentos de Caballero: menos investimentos e só 270.000 euros para vivenda

O proxecto de orzamentos municipais de Vigo para 2027 provocou este martes as críticas...