InicioPolíticaO PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da Xunta pola recuperación da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), incluíndo a consignación de 11,72 millóns de euros nos orzamentos autonómicos de 2027 para continuar coa urbanización dos distintos ámbitos e para a construción do novo Centro de Investigacións Mariñas no edificio Siemens.

Así o sinalou esta mañá nunha visita á zona, onde comprobou que “o Goberno galego reafirma o seu compromiso con Vigo”, cunha aposta pola ETEA e polo impulso á creación de vivenda, con 96 millóns de euros, subliñou.  Destes case 12 millóns, uns 5,6 millóns irán destinados a rematar a urbanización do ámbito PS-6, no que se edificará a residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega, e a urbanización do ámbito PS-1, que afectará aos viarios da Praza de Armas. A esa cantidade súmanse máis de 6,1 millóns para a construción do novo CIM no edificio Siemens.

“É un impulso á reordenación deste lugar e un novo motivo de orgullo para a veciñanza de Teis, xa que este é un proxecto agardado por Vigo desde hai case 18 anos, cando o Goberno cedeu os terreos para abrilos á cidadanía”, subliñou Sánchez. Segundo ela, hai orzamento, hai vontade e tamén existe un convenio asinado desde febreiro entre Xunta, Concello e Zona Franca, ao tempo que lamentou que desde entón permaneza “bloqueado” pola parte do alcalde, Abel Caballero.

GOBERNO LOCAL

Ante estas palabras, non tardou en chegar a resposta do goberno local. No seu caso, da man do seu voceiro, Carlos López Font, a través dun audio gravado e enviado aos medios de comunicación. Nel, criticou que os investimentos do Goberno galego na ETEA “leven parados 18 anos”, asegurando que “a realidade é que o van pagar todo Zona Franca e o Concello“.

Porén, esta afirmación de Font contrasta co convenio a tres bandas asinado este mesmo ano e que inclúe a Xunta, administración que destinará máis de 10 millóns de euros á ETEA, malia as palabras de Font. Con todo, o concelleiro aproveitou para cargar de novo contra Luisa Sánchez, que é, segundo dixo, “a peor candidata do PP que tivo esta cidade”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

Vigo traslada o Cíes Market e a noria a Vialia tras as protestas polo ruído na Alameda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou o traslado do mercadiño de Nadal "Cíes...