InicioSociedadeVigo traslada o Cíes Market e a noria a Vialia tras as...

Vigo traslada o Cíes Market e a noria a Vialia tras as protestas polo ruído na Alameda

Caballero confirma que o mercadiño ocupará a praza exterior do centro comercial e as atraccións instalaranse no aparcadoiro. O alcalde enmarca o cambio no obxectivo de estender o Nadal a máis zonas da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou o traslado do mercadiño de Nadal “Cíes Market” e da nora e o resto das atraccións á contorna do centro comercial Vialia. Nun audio enviado aos medios de comunicación, o rexedor informou de que nestas festas o mercadiño non se instalará na Alameda, senón na praza exterior de Vialia, como se viña especulando nas últimas semanas.

Caballero enmarcou o traslado no obxectivo do Concello de levar o Nadal a máis lugares da cidade. Segundo lembrou, o ano pasado xa houbo un pequeno mercadiño na zona que “foi ben” e que agora dará paso ao gran mercado de Nadal da cidade. Pola súa banda, a nora situarase no aparcadoiro exterior do centro comercial, xunto con outras atraccións, apuntou.

PROTESTAS VECIÑAIS POLO RUÍDO

O cambio de localización chega despois de que veciños do centro de Vigo presentasen múltiples protestas polo ruído que xeraban as atraccións e o mercado na Alameda durante dous meses. As queixas veciñais chegaron tamén aos tribunais, coa presentación de denuncias.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...